Inicio
 











Novedades

XX Concurso de Contos Vila de Pontedeume

O concurso de contos está restrinxido a estudantes de Segundo Ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.

A lingua a empregar será o noso idioma. Os participantes concorrerán cunha única obra.

Bases do Concurso

 


IX Gala do Deporte Eumés

O vindeiro 30 de decembro dos correntes, a partir das 19,30 horas no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume celebrarase a IX GALA DO DEPORTE EUMÉS, acto no que se rendirá homenaxe aos deportistas eumeses destacados nas diferentes modalidades deportivas, e ao considerado MELLOR DEPORTISTA EUMÉS dos anos 2008-2009.

Máis Información


Programa de actividades cara o NADAL 2009

Como cada ano cando chegan os períodos vacacionais, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume oferta unha amplia e variada programación de actividades deportivas dirixidas a todos os rapaces da vila e aos visitantes.

Máis Información


Plan Xeral de Ordenación Municipal

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) esta exposto ó público no Concello de Pontedeume dende o 2 de decembro e durante tres meses, tras ser publicada a súa aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información


Cabalgata de Reis 2010

Dende a concelleria de Servicios Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Calbalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento:

Convidamos a todos os interesados en participar na CABALGATA DE REIS 2010 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 19 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores.


Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xenero

25 DE NOVEMBRO DE 2009-11-19

Dende o Programa de Intervención Social na Área da Muller dos Servizos Sociais Municipais   e dentro das liñas de actuación especificadas no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Pontedeume, propuxémonos varios obxectivos a acadar.  Concretamente, dentro do capítulo adicado a prevención  e tratamento da violencia de xénero é prioritario eliminar  calquera forma de violencia cara ás mulleres así como o uso da mesma como vía para a resolución dos conflitos.

Máis Información


15ª Mostra Art Xove 2010

O concello de Pontedeume convoca a 15 Mostra Artxove, destinada ó  espallamento e potenciación das artes plásticas de acordo coas presentes bases (Descargar Díptico con bases):

Descargar Díptico


Colectivos en risco de exclusión da Transición a TDT

O Concello de Pontedeume está colaborando coa Secretaría Xeral de Comunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio na divulgación da información das axudas previstas para colectivos en risco de exclusión que residan en municipios afectados pola Fase I ou a Fase II do Plan Nacional de Transición a TDT.

Máis Información


Liga de Tenis Veteranos

Como ben sendo habitual por estas datas, dende hai 6 anos, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume está a organizaru nha Liga de Tenis de Veteranos, para maiores de 40 anos de idade.

Máis Información


Horario libre do Pavillón "A Casqueira"

Unha vez postas en marchas as actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de inverno 2009/10 e distribuídos os horarios de uso do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " para que poidan adestrar as distintas categorías das entidades deportivas municipais federadas, así como xogar os partidos que lles marquen os calendarios das respectivas federacións , toda a actividade deportiva municipal queda distribuida polas diferentes instalacións deportivas tanto municipais como nas dalgúns dos centros escolares municipais que colaboran co concello de Pontedeume cedendo o uso das mesmas : IES Breamo, IES Fragas do Eume, Colexio Couceiro Freijomil.

Máis Información


Conmemoración do día Internacional de Loita Contraa Violencia de Xenero

Baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” o Concello de Pontedeume, un ano máis, presenta a Campaña de sensibilización social  entorno ao día 25 de novembro.

Somos conscentes da grande complexidade desta problemática e, polo tanto, da complexidade que requiren as súas solucións, que pasan pola adopción e aplicación de todo un conxunto de medidas xudiciais, sociais, sanitarias e policiais cara a lograr a súa erradicación. Pero tamén, somos conscentes como administración máis próxima ao cidadán que temos a obriga de favorecer mediante distintas estratexias a loita contra a violencia ás mulleres...

Máis Información


Licitación de obras financiadas con cargo ao FEIL

Mellora da rede de saneamento na parroquia de Ombre
Mellora de redes eléctricas e de saneamento no polígono industrial de Vidreiro
Reforma da Escola de Música de Pontedeume
Reforma da Casa da Cultura de Pontedeume

PROCEDEMENTEO: ABERTO
Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, a contar dende o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Data de publicación na Plataforma de Contratación 13-03-2009
Fecha publicación: BOP: 13-03-2009
DOGA:  16-03-2009

(Máis información no perfil do contratante)

Proxectos:
Mellora da rede de saneamento na parroquia de Ombre
Mellora de redes eléctricas e de saneamento no polígono industrial de Vidreiro
Reforma da Escola de Música de Pontedeume
Reforma da Casa da Cultura de Pontedeume


XII Premio de Investigación Concello de Pontedeume. (Ata o 21 de Xuño)

Premio de investigación Local Concello de Pontedeume
Convocado desde o ano 1998. O tema de investigación versará sobre aspectos etnográficos de Pontedeume e a súa Comarca. O traballo premiado publícase na resvista Cátedra. O premio ten dotación económica.

Máis Información


CQpro.com