Concello - Concellerías - Asuntos Sociais
 











Concellería de Asuntos Sociais

Eva M. Carballeira Perez
Enderezo.: Avd. do Peirao, s/n
Telf.: 981 433 288 , Fax.: 981 433 288
E-mail.:
Servizossociaispontedeume@yahoo.es


Novedades

RUEIR@S TV- CAMPAMENTO URBANO MUNICIPAL
CONCELLO DE PONTEDEUME

Despois do éxito acadado polo Campamento urbano "Rueiros 2009", O Concello de Pontedeume volve a apostar por unha nova edición. Neste caso a proposta que se presenta sigue na liña de ver a nosa vila como un recurso educativo máis no que os rapaces e rapazas interactúen con todo no que nela se vive.

Na presente edición centraremos o noso traballo nas novas tecnoloxias, así crearemos o noso propio "canal televisivo" e a través dunha desta actividade municipal se pretende convertirse nunha oferta lúdica, educativa e cercana destiñada ao entretemento das nenas e nenos entre 3 e 12 anos durante o mes de agosto.

Datas de inscrición: Do 16 ao 28 de xullo

Prezo: 55 €

Para máis información achegarse ao Departamento de Servizos Sociais Municiapis Av/ do Peirao , Edif. do Xulgado S/N 15600 Pontedeume

Ficha De Inscripción Rueiro


III CONCURSO DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE

Queda aberto o prazo da 3ª edición do Concurso de Relatos Breves pola Igualdade .Tod@s @s interesados en participar poden consultar as bases

Bases


DEPORTE E IGUALDADE

06-06-2010

O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha a segunda edición do Día do Deporte na rúa en prol da Igualdade de xénero, que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social ,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.

HORARIO: de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h..
CIRCUITO:
XARDINS DE LOMBARDERO:

  • Xincana ciclista (Colabora Clube Pena Leboreira)

SOPORTAIS DO MERCADO:

  • Ping-pong
  • Esgrima
  • Cama elástica

DIANTE DA PRAZA DO MERCADO:

  • Rocodromo –Faro
  • Aerobic
  • Bufalo
  • Camas elasticas

DIANTE DO PILÓN

  • Carpa de reopción e información
  • Hinchable para nenas e nenos pequen@s

TORREÓN

  • Rocodromo de parede
  • Tiro con Arco

PRAZA DO CONDE:

  • Xogos xigantes de solo: conecta 4, tres en raia, as damas

RÚA COUCEIRO FREIXOMIL

  • Xogo de xadrez

PORTO

  • Futbol 3x3
  • Circuito de Educación Vial
  • Mini-Baloncesto
  • Circuito de Trikets: 18x12
  • Pista Americana
  • Piragüismo.
  • Balonmán

En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso
Repartiranse 150 mochilas e 350 camisetas entre as e os participantes  primeiros que completen o itinerario según as características propias da súa idade.

ORGANIZA:
Concello de Pontedeume


ÁREA MAIORES

O vindeiro venres 11 de xuño realizarase unha visita cultural a Santiago de Compostela (Visita ás Cubertas da Catedral) con xantar en Padrón. Nesta actividade de dinamización do colectivo de maiores poderán participar todas as persoas interesadas. Información e inscricións no Centro Municipal de Maiores todos os días de 10:00 a 12:00 h. ou no Departamento de Servizos Sociais.


AREA DE IGUALDADE

Está aberto o prazo ata o 11 de xuño para a solicitude de estadias de Tempo Libre para mulleres soas con cargas familiares non compartidas. Información e Inscricións no Departamento de Servizos Sociais.

Baixar Pdf


CAMPAMENTOS DE VERÁN 2010

PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Poderán Solicitar a súa participación nesta actividade as mozas e mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que teñan a idade comprendida nos rangos que se indica en cada unha das quendas e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Tendo prioridade:

  • As pèrsoas que non participaran en anos anteriores.
  • As persoas con autonomia persoal para as actividades da vida diaria para a participación nas quendas de integración e aquelas persoas con maior necesidade de apoio nas quendas especificas.

Solicitudes:

Os impresos poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume asi como nos Servizos de Dependencia e Autonomia Persoal e Servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais, asi como na seguinte páxina Web:

Xunta de Galicia

O Prazo de solicitude remata o vindeiro día 20 de maio. Máis información, chamando de forma gratuita ao 900333666 ou dirixindose ao Departamento Municipal de servizos Sociais sito na Av/ do Peirao S/N 15600 Pontedeume (A Coruña), 981-433288


COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PRAZO DE NOVAS SOLICITUDES PARA O CURSO 2010-2011 NA ESCOLA INFANTIL CHALÉ ROSA

Dende o 1 ao 31 de maio queda aberto o prazo para a solicitude de novas prazas

Bajar Pdf


BENEFICIOS QUE APORTA O CERTIFICADO DE MINUSVALÍA OU/E INCAPACIDADE LABORAL

O vindeiro día 27 de maio ás 18:00 h. no Centro Municipal de Maiores realizarase unha charla sobre dito tema organizada conjuntamente polo Concello de Pontedeume e COGAMI ( Confederación Galega de Minusválidos).


PROGRAMA DE VACACIÓNS EN PAZ 2010-ACOLLEMENTO A MENORES SAHARAUIS

Que é?

Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán.

En que consiste?

  • A campaña comenza no segundo trimestre do ano, a familia interesada pode informarse telefónica ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais municipais, solicitando a súa inclusión no programa.
  • Dende este departamento os citan para unha entrevista de idoneidad, posteriormente, informase as familias se son ou non seleccionadas para o acollemento das nenas e nenos.
  • Este departamento municipal xunto coa ASOCIACIÓN DE SOLIDARIDADE GALEGA CÓ POBO SAHARAUI convocará as familias seleccionadas a unha reunión previa onde se lles informará da situación saharaui, normas básicas de comportamento coas nenas e nenos e outra información do seu interese.
  • Informarase ás familias do día e lugar onde proceda á entrega das nenas e nenos.
  • Durante a estancia destes establecese un sistema de seguemento por parte do Concello de Pontedeume, para asegurar que o programa se desarrolle nas mellores condicións.
  • O Concello de Pontedeume costea a viaxe e os seguros de responsabilidade civil. Existe un convenio có centro de saúde da vila para a revisión pediátrica das nenas e nenos. A manutención e outros gastos derivados da súa estancia corren a cargo das familias de acollida.

PARA MAIS INFORMACIÓN:

Contactar có Departamento de Servizos Sociais
Av/ do Peirao, Edif.. do xulgado S/N
15600 –Pontedeume A Coruña
Télefono: 981-433288
E-mail: servizossociaispontedeume@yahoo.es
De luns a venres de 8:00 a 15:00 h.


AREA DE IGUALDADE MUNICIPAL MOSTRA: ELAS ENSINAN

Esta mostra do Servizo Galego de Igualdade pode visitarse entre o 16 e o 30 de abril no Centro Municipal de Maiores. Nela recollense as historias de vida de dezaoito mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, as que serviron de modelo profesional e vital.

Bajar Pdf


Cursos de Formación : Rede Xiana

O Concello de Pontedeume foi seleccionado como sede dunha das Acccións Formativas 2010 do Proxecto Rede Xiana (Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade , Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego )

Este proxecto ( Coordenado pola Deputacion de A coruña ) ten como obxectivo principal a implementación dun programa de fomento de emprego para municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña a través dunha rede de traballo técnico , político e , económico e social que traballe por un emprego de calidade, estable, eguro e con dereitos; As persoas beneficiaraia son desempregadas coas maiores taxas de desemprego:

  • Mozos/as menores de 25 anos
  • Mulleres
  • Maiores de 45 anos
  • Desempregadoas/dos de longa duración
  • Persoas en risco de exclusióin social

Os distintos Concellos que participan no proxecto, agrúpanse en 13 zonas de actuación.En cada unha das zonas desenvolveranse distuintas accións formativas nas que calquera persoa que cumpra os requisitos e que esté empadroada nalgún dos Concellos que forman parte dunha zona poderán inscribirse .

Comunícase a todas as persoas interesadas que está aberto o prazo de inscripción ata o 30 de abril para participar no proceso de selección das accións formativas do proxecto Rede Xiana na anualidade do 2010 ; poderán recoller a folla de inscripción e máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello .

Dende alí levaranse a cabo a recollida de documentación e tramitación das solicitudes

Máis información


PROXECTO DE REALIZACION DO II PLENO MUNICIPAL INFANTIL NO CONCELLO DE PONTEDEUME

1.- FUNDAMENTACION:

A Concellería de Servizos Sociais deste Concello e conscente de que a participación democrática é unha actitude básica para a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Como administración máis próxima aos cidadáns xogamos un importante papel na planificación, organización e, posta en marcha, de accións encamiñadas a favorecer dita participación. A esta máxima responde a presente proposta didáctica ofertada a todos os centros escolares de ensino de primaria da Vila a realización do II Pleno Infantil Concello de Pontedeume.

Este proxecto está incluido dentro do Programa marco de Educación en Valores e responde a necesidade de potenciar ditas actitudes de participación democrática entre as nenas e os nenos asi como dar a coñecer como funciona o Concello e, polo tanto, entender tamén as cousas que acontecen no seu entorno máis próximo.

A pasada edición realizouse o I Pleno Infantil como unha experiencia piloto en canto a metodoloxia de traballo e aos medios utilizados, experiencia que có tempo imos ir matizando para darlle un carácter estable á actividade.

2.- OBXECTIVOS:

Esta interveción vai responder aos seguintes obxectivos xerais:

- Coñecer mellor a función e as actividades que leva acabo o Concello de Pontedeume, peza clave da vida local.

-lPotenciar entre o alumnado de 6º deprimaria hábitos e actitudes de participación activa e democrática.

-Favorecer a creación dun espazo de debate e reflzexión .

3.- ESTRUCTURA DE FUNCIONAMENTO:

A actividade vai dirixida a todos os centros escolares de primaria da Vila e nela poderán participar o alumnado de 6º da EPO. Dous representantes de cada centro escenificarán o Pleno Municipal dando lectura a exposición de problemas sociais que preocupan aos nen@s e as posibles solucións que eles aportarían, en un segundo turno de intervención as preguntas que lle farian ao goberno municipal ao respecto das súas inquedanzas. Este último punto deberá rexistrarse no Concello, tal e como se fai na realidade con tres dias de antelación ao pleno, para que o goberno poida informar e dar resposta sobre o traballo que se fai a nivel municipal neses ámbitos. As intervencións non excederán en ningun momento e para cada unha dos quince minutos. Dita actividade terá lugar o vindeiro venres día 22 ás 11:00 h. no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores. Esperamos que resulte do voso interese sendo a persoa de contacto ante calqueira dubida a Animadora Socio-Comunitaria do Departamento de Servizos Sociais Jovita Ayerbe (Télf.:981-433288) .


Cabalgata de Reis 2010

Dende a concelleria de Servicios Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Calbalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento:

Convidamos a todos os interesados en participar na CABALGATA DE REIS 2010 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 19 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores.


Termalismo Social do Imserso

Aberto o prazo de solicitude para o programa de termalismo social do imserso.

Prazo de presentación da solicitude:

- Para os meses de febreiro ata agosto o día limite é o 15 de xaneiro.

- Para os meses de setembro ata decembro o día limite é o 17 de maio

Descargar Folleto


Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xenero

25 DE NOVEMBRO DE 2009-11-19

Dende o Programa de Intervención Social na Área da Muller dos Servizos Sociais Municipais   e dentro das liñas de actuación especificadas no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Pontedeume, propuxémonos varios obxectivos a acadar.  Concretamente, dentro do capítulo adicado a prevención  e tratamento da violencia de xénero é prioritario eliminar  calquera forma de violencia cara ás mulleres así como o uso da mesma como vía para a resolución dos conflitos.

Con esta finalidade  e coincidindo có 25 de novembro Día Internacional de Loita contra a Violencia ás Mulleres xurde esta Campaña de sensibilización  dirixida a todas e  todos que baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” consistirá na implementación das seguintes accións:

12:00 H. Lectura Pública do Manifesto Institucional de Loita contra a Violencia de Xénero na Praza Real

12:30 H. Entrega do II Premio do Concurso de Relatos breves pola Igualdade no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores.

19:00 Inauguración da Exposición Mulleres de Vida Alegre.

Mesa redonda: A PROSTITUCION FEMININA, UNHA FORMA DE VIOLENCIA DE XENERO no Centro Municipal de Maiores

O noso obxectivo é o de implicar a todos e cada un dos membros da sociedade eumesa nesta loita contra a violencia ás mulleres non soamente  hoxe 25 de novembro,  senón os 365 días do ano mentres haxa unha muller que sofre .

PONTEDEUME 19 DE NOVEMBRO DE 2009
A CONCELLEIRA DELEGADA DE SERVIZOS SOCIAIS
Decreto 796 de 03/08/2009

Asdo.: Eva María Carballeira Pérez


Colectivos en risco de exclusión da Transición a TDT

O Concello de Pontedeume está colaborando coa Secretaría Xeral de Comunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio na divulgación da información das axudas previstas para colectivos en risco de exclusión que residan en municipios afectados pola Fase I ou a Fase II do Plan Nacional de Transición a TDT.

Dadas as características dos colectivos que se poden beneficiar desta iniciativa, e que os equipos entréganse actualmente na Xefatura Provincial con sede na cidade da Coruña, a Concellería de Novas Tecnoloxías tramitará as solicitudes e, en representación dos solicitantes, recollerá os equipos para a súa distribución.

Dende aquí pódense descargar os requisitos, a documentación necesaria e os impresos para solicitar o equipo sintonizador de TDT.

Data límite para a presentación de solicitudes: 23 de decembro de 2009

Requisitos e documentación

Autorización TDT

Solicitude TDT


Conmemoración do día Internacional de Loita Contraa Violencia de Xenero

Baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” o Concello de Pontedeume, un ano máis, presenta a Campaña de sensibilización social  entorno ao día 25 de novembro.

Somos conscentes da grande complexidade desta problemática e, polo tanto, da complexidade que requiren as súas solucións, que pasan pola adopción e aplicación de todo un conxunto de medidas xudiciais, sociais, sanitarias e policiais cara a lograr a súa erradicación. Pero tamén, somos conscentes como administración máis próxima ao cidadán que temos a obriga de favorecer mediante distintas estratexias a loita contra a violencia ás mulleres

Nesta Campaña do 2009, ademáis da campaña publicitaria levaranse a cabo distintos actos para traballar a sensibilización da poboación en xeral sobre a necesidade   de que axa un cambio de mentalidade e de relacións entre ambos xéneros.

O día 25 de novembro levarase a cabo nun acto institucional a Lectura do manifesto contra a violencia hacia ás mulleres ás 12:00 h. na Praza Real. De seguido ás 12:30 h. farase entrega do Premio do II Concurso de Relatos Breves pola Igualdade( lugar a concretar).

Realizaranse tres obradoiros dos que @s interesad@s poden informarse e incribirse no departamento de Servizos Sociais:

  • Consumo responsable o 22 de outubro de 10:00 a 14:00 h.
  • Corresponsabilidade para homes o 24 e 31 de outubro de 10:00 a 13:00 h
  • Autoestima e autovaloración os días 2,3 e 4 de novembro de 10:00 a 12:00 h.

Duas charlas dirixidas á poboación en xeral que terán lugar no Centro Municipal de Maiores:

  • A Historia non contada das mulleres  o día 6 de novembro ás 19:00 h.
  • Violencia de xénero o día 20 de novembro  ás 19:00 h.

Está previsto trasladar a exposición “Pontedeume plantalle cara aos malos tratos” aos dous centros de educación secundaria desta Vila.

Quedan pendentes de concretar datas e horarios de duas actividades máis das que informarase en breve.


Enquisa igualdade para a población eumesa

Este cuestionario ten por obxecto recoller a maior cantidade de información posible da poboación eumesa tanto do núcleo urbano como das parroquias, para asi poder identificar as principias áreas de necesidade de cara a establecer unha relación de prioridades e, por outro lado, recoller a súa opinión sobre a situación de igualdade de mulleres e homes e as posibles actuacións. Descargar Enquisa

Se queren cubrilo electronicamente reenvienlo ao seguinte email:
igualdadpontedeume@gmail.com

Senón pódese deixar no edificio de asuntos sociais
Concello de Pontedeume
Av/ Coruña nº 11 5ºA 15600-Pontedeume 981-433288; 981-433911; 609-730090

Proxecto Medra

Mañá terá lugar na Casa da Xuventude de Pontedeume o inicio do proxecto Medra, iniciativa do Concello de Pontedeume que vai dirixida ás rapazas e ós rapaces eumeses de entre 16 e 21 anos que se atopen fóra do itinerario escolar e que todavía non se incorporaran ao ámbito laboral e que pretende ofrecer á xuventude de Pontedeume un espacio onde desenvolver coñecementos, destrezas e habilidades que os preparen de cara á vida adulta, previndo posibles situacións de risco social.

Os obxectivos que se pretenden acadar coa realización deste proxecto son: proporcionar un espazo de interacción para os rapaces e rapazas, desenvolver a capacidade crítica, favorecer o autocoñecemento, proporcionar orientación educativa e laboral así como desenvolver habilidades e coñecementos necesarios para a incorporación á vida adulta.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

O programa comezará o 15 de abril do 2009, tendo unha duración de dous meses, e levarase a cabo na Casa da Xuventude os luns, mércores e venres dende as dez da mañá ata a unha da tarde. Os contidos que se desenvolverán estarán divididos por bloques do seguinte xeito, podendo modificarse en funcións das necesidades e intereses do alumnado:

1º BLOQUE : Eu, xoven

- Coñécete: traballarase o autocoñecemento e a autoestima a través de exercicios tanto individuais como grupais de reflexión e debate onde descubrirán as súas habilidades, fortalezas, debilidades, gustos, aptitudes, valores...

- Onde informarnos os/as xóvenes?: ofreceráselle a oportunidade de descubrir onde atopar información acerca das opcións e posibilidades para disfrutar do seu tempo libre, realizar cursos, buscar aluguer de pisos, resolver dúbidas sobre sexualidade, drogas... como por exemplo as OMIX, a Dirección Xeral de Xuventude, Quérote, os centros de información das Universidades, as oficinas de emprego, direccións en internet. Para isto traeremos folletos informativos e navegaremos por internet, achegándonos deste modo tamén ás novas tecnoloxías.

2º BLOQUE: orientación escolar e laboral

- Por onde seguir? orientación escolar: ofreceráselles información e resolveránselle as dúbidas existentes co fin de facilitar a toma de decisións sobre cara onde orientar o seu futuro, mostrando as vantaxes de continuar a súa formación dentro do sistema educativo formal. Así trataranse temas coma os itinerarios escolares, o graduado escolar, os ciclos de Formación Profesional, as diferentes carreiras universitarias, os traballos máis demandados...

- Orientación profesional: adestraranse de forma práctica as habilidades para a busca e consecución de emprego: revisión das fontes de emprego, e técnicas de busca activa (elaboración do currículo, carta de presentación, cómo realizar unha entrevista de traballo, etc)

3º BLOQUE: cara a independencia!!

- preparación para a realización das tarefas habituais na vida adulta: xestión de orzamento propio, xestión do tempo, listas de tarefas, actitudes de consumo responsable, responsabilidades nas tarefas da casa...

- tarefas administrativas: uso correcto de documentos, como cubrir impresos e/ou formularios, a declaración da renta, o aluguer de vivendas...

Os últimos 45 minutos de cada día realizaranse actividades que teñen por obxectivo desenvolvemer a capacidade crítica dos rapaces/as: análise crítica da publicidade e os medios de comunicación, debates, traballos grupais, xogos de rol, dossieres de prensa... sobre temas políticos e sociais de actualidade ou temas máis persoais importantes na vida dos/das xóvenes (orientación sexual, a discriminación...).

O primeiro mes, neses últimos 45 minutos crearase un blog entre todos/as onde cada un/unha poida “colgar” información que lle pareza interesante para o resto do alumnado, opinións sobre os temas tratados ou dúbidas a resolver.

Como indican dende a Concellería de Servicios Sociais, “a transición á idade adulta é algo que comeza moito antes de chegar a ser maior. Constantemente rapaces e rapazas atópanse con esixencias maiores e moitas veces contradictorias co seu nivel de madurez. É por isto polo que ese paso entre etapas tan diferenes ten que darse de xeito progresivo e cunha especial atención nas actitudes e aspectos da personalidade básicos para un bo desenvolvemento e autonomía. Por isto, o feito de desenvolver coñecementos, destrezas e habilidades básicas para a vida real, fará que teñamos máis confianza en nós mesmos e esteamos máis preparados/as para novas situacións.”

CQpro.com