Concellería de Cultura
|
|
 |
|
Eugenio Otero Gonzalez
Enderezo.:
Telf.:
E-mail.: |
Actividades Culturais
Programación de videos
Paralelamente a tódolas actividades que se desenvolven na Biblioteca, tamén programamos ciclos de películas, coincidindo coas vacacións do Nadal e do verán. Intentamos dentro das nosas posibilidades diversificar a oferta cultural da casa.
Ciclo Cine Mudo e de Humor
Desde o ano 2001 a biblioteca ven de programar un ciclo de cine mudo e de humor destinado os xoves e maiores. A nosa intención é diversificar a oferta cultural da Biblioteca.
Letras Galegas
Coincidindo co mes de Maio, celebración das Letras Galegas, a Biblioteca desenvolve toda unha serie de actividades para conmemorar este día.
Presentación de Libros, exposicións, contacontos... etc.
Concurso de Contos " Vila de Pontedeume".
“A intención e potenciar e incentivar a creación literaria dos xoves”
O concurso está restrinxido a estudantes de segunto ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos de Formación de grao medio ou superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
Cada 5 anos publícase un libro recollendo os contos gañadores e accesits. O premio ten dotación económica.
Presentación dos Libros
"Intentamos achegar os autores dos libros aos usuarios da Biblioteca."
Ao longo destes anos a Biblioteca ven sendo a única institución do Concello que de maneira permanente, fai presentacións de libros de autores principalmente galegos, infantís e xuvenís nas súas salas.
Novembro Fotográfico
Exposións fotográficas coincidindo co mes de novembro. A idea e potenciar a arte fotográfica de forma permanente. O ano de inicio desta actividade cultural foi o 2004.
Art Xove
Cada ano convócase unha Mostra destinada ao espallamento e potenciación das Artes Plásticas, para os máis xoves artistas (de 18 a 35 anos), naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia,
nas modalidades de pintura, fotografía e escultura.
Fotografía familiar
A recuperación de fotografía familiar na comarca Eumesa é un programa que leva a cabo o Concello desde a Concellería de Cultura, en colaboración cun grupo de profesionais, que, conxuntamente se encargarán da recopilación de fotografías e datos familiares, trballando en:
- Recordos da vida familiar
- Emigración
- Traballos e oficios
- Ocio, festas, romarías
- Paixases, vila, escola, deporte, etc.
As persoas ceden voluntariamente para estes fins e proxecto o material para estudio e posterior exposición dibulgatiba das fotografías.
Este fondo de fotografía familiar estará depositado (baixo soporte informático) na Biblioteca Municipal.
|