Concello - Concellerías - Deportes
 











Concellería de Deportes

Gabriel Torrente Piñeiro
Enderezo.: Ayto. Rúa Real Nº13
Telf.: 981 433 054
E-mail.:


Novedades

7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume "

Dende o día 17 de agosto estase a desputar o 7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume " na pista polideportiva " Alcalde Sarmiento " deste municipio.

O Torneo divídese en 3 categorías, segundo as idades dos participantes :

-ALEVÍNS de 9 a 11 anos.
-CADETES de 12 a 15 anos.
-SENIORS, maiores de 15 anos.

Os encontros se desputan por semana, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e dende as 17 horas ata o remate do último partido da xornada : polas mañás se xogarán os partidos das categorías ALEVÍN-CADETE e polas tardes os partidos de categoría SENIOR.

Indicar que durante esas horas o uso da pista polideportiva será exclusivo para xogar os encontros do torneo. O resto de horas o uso da pista permanecerá aberto ao público.

As rondas finais deste torneo se desputarán nas Festas das Peras.

Dende o concello se valora de forma satisfactoria o acollemento que esta a ter este torneo, ano tras ano, xa que o índice de participación cada vez é máis elevado, que nesta edición alcanza o número de 53 xogadores entre as tres categorías.


II TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS

Nesta 2º edición participan as seguintes asociacións veciñais : -OMBRE -NOGUEIROSA -BOEBRE- -OLMO -A VILA

Os partidos xogaranse no pavillón municipal " A CASQUEIRA " os xoves ás 20 e 21 horas e na pista polideportiva de Nogueirosa, os venres no mesmo horario, alternando o escenario cada semana.

O sistema de competición e o dunha liguilla na que se enfrontan todos contra todos unha sola volta. Os catro primeiros equipos clasificados desputarán as semifinais e os vencedores destas xogarán a final.

As semifinais e a final do torneo xogaranse os días das festas patronais " AS PERAS " .

CALENDARIO DO TORNEO :

1ª XORNADA : 05-08 A A CASQUEIRA
-ás 20 horas : OMBRE-NOGUEIROSA
-ás 21 horas : PONTEDEUME-OLMO
DESCANSA : BOEBRE

2ª XORNADA :13-08 PISTA DE NOGUEIROSA
-ás 20 horas : OMBRE-PONTEDEUME
-ás 21 horas : NOGUEIROSA-BOEBRE
DESCANSA :OLMO

3ª XORNADA :19-08 A CASQUEIRA
-ás 20 horas : OMBRE-OLMO
-ás 21 horas : PONTEDEUME-BOEBRE
DESCANSA : NOGUEIROSA

4ª XORNADA : 27-08 PISTA DE NOGUEIROSA
-ás 20 horas : OMBRE-BOEBRE
-ás 21 horas : NOGUEIROSA-OLMO
DESCANSA : PONTEDEUME

5ª XORNADA : 02-09 A CASQUEIRA
-ás 20 horas : NOGUEIROSA-PONTEDEUME
-ás 21 horas : OLMO-BOEBRE
DESCANSA : OMBRE

SEMIFINAIS : MARTES 7 DE SETEMBRO A CASQUEIRA

1ª SEMIFINAL : 1º CONTRA 4º CLASIFICADOS ás 21 horas.

2ª SEMIFINAL : 2º CONTRA 3º CLASIFICADOS ás 22 horas.

FINAL : XOVES 9 DE SETEMBRO ás 21,30 horas. A CASQUEIRA


TORNEO DE TENIS ABERTO 2010 CONCELLO DE PONTEDEUME

Dende o luns 2 de agosto ata o vindeiro día 13 do mesmo mes , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 7º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello .

O torneo dividirase en 3 categorías :

-ALEVÍN : 9-10-11 anos.
-INFANTIL-CADETE : 12-13-14-15 anos
-ABSOLUTA : maiores de 16 anos ( agosto 1994 )

O número de xogadores participantes en cada categoría, será limitado e a inscrición será gratuíta ; si rematado o prazo de inscrición o número de inscritos é superior ao establecido, farase unha fase previa para obter o número de participantes.

Para inscribirse deberán persoarse no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " de luns a venres, de 9 h. a 13,30 h., presentando o D.N.I, ou ben telefoneando ao Nº: 981433041

Os partidos desputaranse na Pista " ALCALDE SARMIENTO " de luns a venres, en horario a determinar, dependendo do número de inscricións.

Coincidindo coas festas patronais desputaranse as Semifinais e a FINAL de todas as categorías, en datas e horarios por determinar.

Desde este Servizo informase a todos os usuarios desta instalación que dende o día 16 de agosto e ata o remate do Torneo, queda totalmente prohibido o uso da mesma nos horarios destinados ao desenvolvemento do Torneo; estes horarios estarán expostos no taboleiro de anuncios do Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " e na pista " ALCALDE SARMIENTO ".


Prazo inscrición actividades deportivas agosto 2010

O concello de Pontedeume informa a todos os usuarios intersados que dende o día 19 ata o 26 de xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar en calquera das actividade deportivas programadas cara ao verán 2010, durante o mes de agosto .

Recordar ao mesmo tempo que o número de prazas é limitado en cada actividade e que para que estas se leven a cabo, é imprescindible acadar un número mínimo de asistentes.

Para maior información e inscrición deben dirixirse ao Servizo de Deportes do concello, sito no pavillón municipal de deportes A CASQUEIRA ou ben telefonear ao número 981433041-607614764


Maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME

Durante os días 16-17-18 de xullo, coincidindo coas festas do Carmen en Pontedeume, desputarase nas instalacións do pavillón municipal de deportes de Pontedeume, " A CASQUEIRA " unha nova edición do maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME, organizado pola asociación xuvenil " Amigos do Eume " e patrocinado polo concello de Pontedeume.

Neste torneo participarán un elevado número de equipos, destacando o gran nivel competitivo dalgunha destas formacións participantes, prestixio ganado a pulso pola traxectoria amosada ao longo doutros torneos similares.

Cabe destacar os premios que se entregarán aos primeiros clasificados, xa que aparte dos trofeos a organización aportará 3.500 € en metálico, distribuídos entre os 8 primerios clasificados.

A organización " Amigos do Eume " convida a todos os interesados a que asistan e animen aos participantes para ver si entre todos somos capaces de facer unha festa do fútbol sala e ao mesmo tempo un torneo animado e moi competido no que sobre todo o demáis reine a armonía, o saber estar e o deporte.

O prazo de inscrición para poder participar neste maratón, rematará o vindeiro mércores 14 de xullo. Para máis información telefonear aos nº de teléfono : 981433347-619347214 ( a calqueira hora )


Escolas Deportivas Municipais do Verán 2010

O concello de Pontedeume informa que dende o día 15 ata ás 10 horas do día 29 deste presente mes de xuño e agosto, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas municipais de verán e nas diversas actividades deportivas programadas cara o vindeiro mes de agosto :

-PATIN
-XOGOS RECREATIVOS
-MULTIDEPORTE
-TENIS
-XADREZ
-PIRAGÜISMO
-ROTAS EN PIRAGUA
-MARCHA CICLISTAS
-SENDEIRISMO
-AEROBIC
-PILATES
-XIMNASIA MANTENEMENTO DE ADULTOS

-TORNEOS DE : fútbol sala de AA//VV -tenis de categorías inferiores ( de 7 a 15 anos ); tenis categoría seniors ( maiores de 16 anos ), etc...

Recordar aos interesados que se trata de facer unha preinscrición e posteriormente se lles comunicará se teñen praza na actividade que pretenden participar.

Se a demanda existente supera o número de prazas establecidas para cada actividade procederase a realizar un sorteo público ante a señora secretaria do concello o día 30 de xuño ás 11 horas na casa consistorial, de onde sairán os participantes definitivos en cada actividade, tendo preferencia os empadroados ou residentes no concello.

Para máis información e preinscrición deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita na Avda da Mariña s/n ou ben telefonear ao número do Servizo : 607614764 e 981433041 en horario de mañá de 9,30 a 13,30 horas.

ACTIVIDADES E HORARIOS DAS E.D.M DE VERÁN 2010

ACTIVIDADE:

-PATÍN : 1 GRUPO : LUNS-MÉRCORES-VENRES de 13 a 14 horas.
-Mínimo de 10 alumnos , 3 horas semanais
-Máximo de 20 alumnos.
-Nados no 2006 ou antes.
-IES BREAMO

-XIMNASIA RÍTMICA :MARTES-XOVES de 12,30 a 13,30 horas.
-Mínimo de 10 alumnos , 3 horas semanais
-Máximo de 20 alumnos.
-Nados no 2006 ou antes.
-IES FRAGA DO EUME

-TENIS : 3 GRUPOS: LUNS-MÉRCORES-VENRES de 10 a 13 horas.
- Mínimo 10 alumnos, 3 horas semanais
- Máximo de 16 alumnos por grupo.
- Nados no 2003 ou antes
-IES BREAMO

-XOGOS PREDEPORTIVOS : LUNS-MERCORES-VENRES de 11,30 a 12,30 horas.
- Mínimo 8 alumnos, 3 horas semanais
- Máximo de 16 alumnos.
- Nados en 2006 ou antes.
-IES FRAGA DO EUME?

-ESCOLA MULTIDEPORTIVA : MARTES-XOVES de 11,30 a 12,30 h.
- Mínimo 8 alumnos, 2 horas semanais.
- Máximo 20 alumnos.
- Nados en 2006 ou antes.
-IES FRAGA DO EUME

-ESCOLA DE XADREZ : CENTRO DE XUVENTUDE : mércores de 12 a 13 horas.
-Mínimo de 8 alumnos
-Máximo de 20 alumnos
-Nados 2005 ou antes

-PILATES PARA ADULTOS : MARTES-XOVES de 20,30 a 21,30 horas.
-Mínimo de 10 alumnos, 2 horas semanais
-Máximo de 25 alumnos
- ADULTOS
-IES FRAGA DO EUME

-AEROBIC PARA ADULTOS : LUNS-MÉRCORES de 20,30 a 21,30 horas
-Mínimo de 10 alumnos, 2 horas semanais
-Máximo de 25 alumnos
- ADULTOS
-IES FRAGA DO EUME

-XIMNASIA PARA MAIORES : MARTES-XOVES de 10 a 11 horas
-Mínimo 10 alumnos
-Non hai límite de inscricións nin de idades.
-CENTRO DE MAIORES

-PIRAGÜISMO:1 GRUPO : de LUNS A VENRES de 12,30 a 14 horas.
: Mínimo 10 alumnos;10 días a 1,5 horas diarias
: Máximo de 22 alumnos por grupo.
: Nados no 2001 ou antes ( 9 anos )
Imprescindible saber nadar.
HORARIO : TODOS OS DÍAS , DE LUNS A VENRES DE 12,30 a 14 horas.
DENDE O DÍA 5 DE XULLO ATA O DÍA 28 DE AGOSTO .

-ROTAS EN PIRAGUA :
-Polo río Eume : día 11 de xullo de 17 a 19,30 horas 10 €
-Pola ría de Ares : día 15 de agosto de 17 a 19,30 horas 10 €
-Maiores de 12 anos ( nados 1998 ou antes )
-Imprescindible saber nadar.
-Mínimo de 10 e máximo de 30

SENDEIRISMO :
-2 sesións os días : 11 de xullo e o día 15 de agosto. 5 €
-mínimo 5 e máximo 15
-Nados no 2000 ou antes ( 10 anos )
-De 11 a 13 horas.

-MARCHAS CICLOTURISTAS .
OS DÍAS 25 DE XULLO E 22 DE AGOSTO
HORARIO DE SAÍDA : ás 10 horas.
FRAGAS DO EUME
Maiores de 12 anos.
Mínimo de participantes : 10

-TORNEO DE FÚTBOL SALA DE AA/VV : CASQUEIRA-PARROQUIAS

-TORNEO ABERTO DE TENIS INFANTÍS : PISTA ALCALDE SARMIENTO

-TORNEO ABERTO DE TENIS SENIORS: PISTA ALCALDE SARMIENTO

Tanto as datas do torneo, como os horarios e os prazos de inscrición para participar nos mesmos, serán debidamente publicitados no seu momento.

-TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
Maiores de 16 anos
Despois do 15 de xullo
Horario por determinar
Máximo 8 equipos

-TORNEO ABERTO DE TENIS : PISTA ALCALDE SARMIENTO
Maiores de 7 anos
No mes do 1 ao 15 de agosto : FINAL NAS FESTAS DAS PERAS
Mínimo de 16 participantes
Horario a determinar: dependendo do nº de participantes.

-TORNEO ABERTO DE TENIS : PISTA ALCALDE SARMIENTO
Maiores de 16 anos
No mes de agosto : a partir do día 15; final nas FESTAS DAS PERAS
Mínimo de 16 participantes
Horario a determinar: dependendo do nº de participantes.


DEPORTE E IGUALDADE

06-06-2010

O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha a segunda edición do Día do Deporte na rúa en prol da Igualdade de xénero, que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social ,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.

HORARIO: de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h..
CIRCUITO:
XARDINS DE LOMBARDERO:

  • Xincana ciclista (Colabora Clube Pena Leboreira)

SOPORTAIS DO MERCADO:

  • Ping-pong
  • Esgrima
  • Cama elástica

DIANTE DA PRAZA DO MERCADO:

  • Rocodromo –Faro
  • Aerobic
  • Bufalo
  • Camas elasticas

DIANTE DO PILÓN

  • Carpa de reopción e información
  • Hinchable para nenas e nenos pequen@s

TORREÓN

  • Rocodromo de parede
  • Tiro con Arco

PRAZA DO CONDE:

  • Xogos xigantes de solo: conecta 4, tres en raia, as damas

RÚA COUCEIRO FREIXOMIL

  • Xogo de xadrez

PORTO

  • Futbol 3x3
  • Circuito de Educación Vial
  • Mini-Baloncesto
  • Circuito de Trikets: 18x12
  • Pista Americana
  • Piragüismo.
  • Balonmán

En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso
Repartiranse 150 mochilas e 350 camisetas entre as e os participantes  primeiros que completen o itinerario según as características propias da súa idade.

ORGANIZA:
Concello de Pontedeume


Clausuras das actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno 2009-10.

O pasado 31 de maio rematou o curso 2009/10 das actividades ofertadas polo concello de Pontedeume dentro do programa das Escolas Deportivas Municipais de Inverno, cunha xornada de clausura en cada unha das escolas.

Unha vez coñecidos e analizados os datos de matriculación e de asistencia, e segundo a opinión dos alumnos, dende o Servizo de Deportes faise unha valoración altamente positiva tanto pola cantidade de participantes nestas escolas ( nesta tempada se superou ampliamente o número de asistentes doutras tempadas ) como do grado de satisfacción manifestado polos usuarios, que na inmensa maioria se encontran encantados pola súa participación nas diferentes actividades ofertadas e do nivel técnico amosado polo monitorado encargado de impartir as ditas actividades.

Cabe destacar un notable incremento de participación en dous colectivos que anteriormente eran minoritarios : de idades de 25-64 anos e dos maiores de 65 anos.

Entre estes 2 colectivos xuntáronse cerca de 200 personas que practicaron actividade física regularmente dende outubro ata finais de maio , sendo as Escolas de : AEROBIC, PILATES e XIMNASIA DE MANTENEMENTO de adultos nas que existiu un maior número de participantes .

A continuación preséntase unha táboa das actividades levadas a cabo e do nº de participantes :

ESCOLA DEPORTIVA. -------------------------Nº DE PARTICIPANTES

-XOGOS RECREATIVOS. 8

-XIMNASIA RÍTMICA. 18

-XADREZ. 20

-PATINAXE. 26

-IUDO INICIACIÓN. 12

-IUDO PERFECCIONAMENTO. 14

-TENIS INICIACION. 19

-TENIS PERFECCIONAMENTO. 16

-XIMNASIA DE MANTENEMENTO. 38

-AEROBIC. 52

-PILATES. 80

TOTAL = 303 alumnos.

Próximamente darase a coñecer a oferta de actividades das Escolas Deportivas do Verán 2010 que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. Recordamos a todos os interesados que dende o 15 ata o 30 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar nelas.


" VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES "

Con motivo da celebración do día DAS LETRAS GALEGAS, o vindero 17 de maio, o Servizo municipal de Deportes do concello de Pontedeume está a organizar as " VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES " en colaboración coas as distintas asociacións de veciños municipais.

Con estas xornadas preténdese achegar a todos os eumeses unha serie de xogos tradicionais que se practicaron durante moitos anos no noso entorno e que actualmente están algo en desuso.

Nesta edición a xornada desenvolverase nas parroquias de Ombre, Andrade, Boebre e no casco urbán.

Co fin de que poidan disfrutar destes xogos a maior parte posible de eumeses, a xornada partirase en horario de mañá e de tarde :

- Pola mañá de 12 a 14 horas poderase asistir e participar destes xogos nas parroquias de Andrade, Ombre e Boebre.

- Pola tarde de 18 a 20 horas todos os que queiran poderán participar destes xogos nos Xardíns de Lombardero.

XOGOS POPULARES A DESENVOLVER NESTA EDICIÓN :

-RA -ZANCOS -BIRLOS -CARREIRA DE SACOS -PETANCA -CHAVE -BUXAINA -SOGA-TIRA -PANO

O mércores 19 de maio, como en edicións anteriores , o concello poñerá a disposición das escolas unitarias de Ombre, Boebre e Campolongo, un autobús que levará aos nenos máis pequenos, a visitar a feira artesanal que anualmente vense realizando na Urbanización Olmo, organizada pola Unidade Veciñal Olmo, donde ademáis dos talleres culturais e de artesanía que alí se desenvolven, poderán disfrutar de novo dos XOGOS POPULARES que o concello trasladará ata alí xunto con monitores para lles explicar aos cativos o funcionamento dos mesmos.


Campamentos deportivos e de fútbol organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña, e ofertados polo Concello de Pontedeume.

O Servizo Municipal de Deportes informa de que o concello de Pontedeume foi incluido no plan de campamentos organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña cara ao verán 2010 e que participará no mesmo, encargándose de ofertar o número de prazas outorgadas pola Excma.Deputación Provincial de A Coruña para cada un dos campamentos : 5 prazas para cada un deles.

As idades dos rapaces/as interesados/as en participar serán as comprendidas entre 9 e 13 anos.

Os campamentos que se levarán a cabo son os seguintes :

-Campamentos Deportivos a desenvolver entre os días 4 e 10 do mes de xullo.

-Campus de fútbol, dende o día 11 ata o día 17 de xullo.

Para maior información e inscrición deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal " A CASQUEIRA " ou ben telefoneando ao número 981433041 ; así mesmo está dispoñible toda a información necesaria na páxina web da Deputación Provincial de A Coruña, na dirección : www.dicoruna.es

O prazo de inscrición para anotarse a estes campamentos rematará o di 11 do mes de xuño.

Unha vez rematado o prazo para inscribirse nestes campamentos, se o número de inscritos resulta ser superior ao número de prazas adxudicadas ao concello pola Deputación Provincial realizarase un sorteo público diante da Sra Secretaria do concello, o día 14 de xuño ás 11 horas, no salón de plenos da casa consistorial, do que sairán os beneficiarios das prazas e os suplentes por estricto órden de sorteo.


Actividades desta SEMANA SANTA

Como todos os anos durante os períodos vacacionais escolares, o concello de Pontedeume a través do seu Servizo de Deportes propón unha programación de actividades deportivas dirixidas aos rapac@s de todas as idades.

O calendario de actividades desta SEMANA SANTA será a seguinte :

Luns 29 de marzo :

-de 10,15 a 12,15 horas : CAMPUS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO : de 8 a 16 anos.
-de 12,30 a 14 horas : XOGOS POPULARES, para maiores de 4 anos.
-de 16,30 a 18 horas : CURSIÑO DE PIRAGÜISMO : maiores de 8 anos.
-de 16,30 a 19,30 horas : CURSIÑO DE BALONMÁN : de 7 a 12 anos.

Martes 30 de marzo :

-de 10,15 a 12,15 horas : CAMPUS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO : de 8 a 16 anos
-de 12, 30 a 14 horas : XOGOS RECREATIVOS, para maiores de 4 anos.
-de 16,30 a 18 horas : CURSIÑO DE PIRAGÜISMO : maiores de 8 anos : saber nadar
-de 16,30 a 19,30 horas :CURSIÑO DE BALONMÁN : de 7 a 12 anos

Mércores 31 de marzo:

-de 12,30 a 14 horas : XOGOS PREDEPORTIVOS : para maiores de 4 anos
-de 16,30 a 18 horas : CURSIÑO DE PIRAGÜISMO : maiores de 8 anos ; saber nadar

Xoves 1 de abril :

-de 12 a 13 horas : EXHIBICIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA polo CLUB ACORDES
-de 11 a 13 horas : ROTAS EN PIRAGUA : maiores de 8 anos.

Sábado 3 de abril :

-de 16,30 a 18,30 horas :CIRCUITADA DE BTT no paseo marítimo : maiores de 6 anos.
-ás 18,30 horas, PARTIDO DE EXHIBICIÓN DE BALONMÁN entre seniors e veteranos do CLUB BALONMÁN ROCARMAR PONTEDEUME

Domingo 4 de abril :

-de 10 a 12 horas : marchas ciclistas polas Fragas: maiores de 13 anos.
-de 12 a 14 horas :
-cronometrada no paseo marítimo : de 8 a 12 anos.
-Ximkana ciclista : para todas as idades

Para participar en calqueira das as actividades programadas será imprescindidible realizar unha preinscrición ; o prazo da mesma rematará o día 26 de marzo ás 13,30 horas.

Todas estas actividades excepto o piragüismo e as probas cilcistas desenvolveranse no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA ".


EUMEOLIMPIADAS ESCOLARES 2010

Durante a presente semana, dende o luns 22 ata o xoves 25 de marzo, no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume, todas as mañás entre as 9,30 e as 13,30 horas, celebraranse unhas xornadas deportivas entre os escolares dos diferentes centros educativos ubicados no concello.

Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos.

Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos.

O luns 22 participarán os alumnos de 3º curso de primaria; o martes 23 os alumnos de 4º curso de primaria ; o mércores 24 os alumnos de 5º curso de primaria e o xoves 25 os alumnos de 6º curso de primaria.

Na semana seguinte participarán tamén os alumnos de 1º e 2º de E.S.O que realizarán as actividades o día 7 de baril.

Dende o concello ano tras anos promocionamos estas EUMEOLIMPIADAS para que os rapac@s de todos os centros de ensinanza do municipio manteñan un contacto e se vaian reñlacionando entre eles, e ao mesmo tempo aprovetamos para promocionar o deporte escolar do noso entorno.


IX Gala do Deporte Eumés

O vindeiro 30 de decembro dos correntes, a partir das 19,30 horas no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume celebrarase a IX GALA DO DEPORTE EUMÉS, acto no que se rendirá homenaxe aos deportistas eumeses destacados nas diferentes modalidades deportivas, e ao considerado MELLOR DEPORTISTA EUMÉS dos anos 2008-2009.

Farase tamén un recoñecemento público a tod@ os participantes nas Escolas Deportivas Municipais amosando así a intención que dende o concello manifestan os nosos representantes, apostando polo deporte como vehículo de transmisión de saude e benestar.

A este acto que está organizado polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume e co que colabora " Caixa Galicia ", asistirá algún xogador compoñente da 1ª plantilla do DEPORTIVO de A Coruña, que participará na entrega de trofeos e agasallos.


Programa de actividades cara o NADAL 2009

Como cada ano cando chegan os períodos vacacionais, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume oferta unha amplia e variada programación de actividades deportivas dirixidas a todos os rapaces da vila e aos visitantes.

O programa de actividades cara este NADAL 2009 é o seguinte :

-Sábado 19 de decembro ás 11,30 horas : FESTA DO IUDO
-Sábado 19 de decembro ás 17 horas:EXHIBICIÓN XIMNASIA RITMICA
-Mércores 23 de decembro ás 11,30horas :XOGOS CON PARACAÍDAS
-Xoves 24 de decembro ás 11,30 horas : XOGOS TRADICIONAIS
-Sábado 26 de decembro ás 11 horas : 2º PIRAGUA-CROSS
-Luns 28 de decembro ás 11,30 horas : XOGOS MALABARES
-Martes 29 de decembro ás 11,30 horas : MINIOLIMPIADAS
-Martes 29 de decembro ás 16,30 horas : TORNEO DE BASKET
-Mércores 30 de decembro ás 11,30 horas : XOGOS COOPERATIVOS
-Mércores 30 de decembro ás 19,30 horas : IX GALA DO DEPORTE
-Xoves 31 de decembro ás 11,30 horas : TORNEO MULTIDEPORTE
-Sábado 2 de xaneiro ás 11,30 horas : XORNADA DE BALONMÁN
-Domingo 3 de xaneiro de 12 a 14 horas : XADREZ NA RÚA REAL
-Luns 4 de xaneiro ás 11,30 horas : XOGOS RECREATIVOS
-Luns 4 de xaneiro ás 11 horas : PATINAXE EN XEO ( Coliseo-A Coruña )
-Martes 5 de xaneiro ás 11,30 horas : XOGO LIBRE

Para maior información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " ou ben telefonear ao número 981433041 en horario de 9 a 13,30 horas.

Para participar nestas actividades deberá facerse unha preinscrición.

Descargar Díptico


2ª Edición do Torneo de Xadrez

Durante os días 7 e 8 deste mes celebrouse no Hotel Eumesa de Pontedeume a 2ª Edición do Torneo de Xadrez " Vila de Pontedeume " acadando un grande éxito. O número de participantes foi bastante máis elevado que na edición anterior : cabe destacar a cantidade de rapaces eumeses que participaron no torneo, poñendose así de manifesto a excelente labor que se ven levando a cabo dende o " Club de Xadrez " TORREÓN.

Neste evento organizado polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume colaborou desinteresadamente o club de Xadrez local, debéndose facer unha mención especial á figura de Francisco Allegue (máis coñecido como Paquito) , participante activo e un dus artífices de que perviva o Xadrez no noso municipio.

Galería Axedrez


Liga de Tenis Veteranos

Como ben sendo habitual por estas datas, dende hai 6 anos, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume está a organizaru nha Liga de Tenis de Veteranos, para maiores de 40 anos de idade.

Este ano cúmprese a 7ª Edición dende o inicio da mesma.

Para poder participar nesta Liga de Tenis, os interesados deberán formalizar a inscrición na oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello, sita no pavillón municipal " A CASQUEIRA " ou ben telefoneando ao número : 981433041 en horario de 8,30 a 13,30 horas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 2 ata o día 12 de novembro e o número de prazas será limitado.

Os partidos desputaranse na pista cuberta do IES BREAMO (acceso polo paseo marítimo) desenvolvéndose en horario de tarde de luns a venres e os sábados pola mañá.

Todos aqueles interesados en presenciar estes partidos que saiban que a asistencia a os mesmos é gratuíta e o único que se lles pide e que respeten aos xogadores e a instalación.


Horario libre do Pavillón "A Casqueira"

Unha vez postas en marchas as actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de inverno 2009/10 e distribuídos os horarios de uso do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " para que poidan adestrar as distintas categorías das entidades deportivas municipais federadas, así como xogar os partidos que lles marquen os calendarios das respectivas federacións , toda a actividade deportiva municipal queda distribuida polas diferentes instalacións deportivas tanto municipais como nas dalgúns dos centros escolares municipais que colaboran co concello de Pontedeume cedendo o uso das mesmas : IES Breamo, IES Fragas do Eume, Colexio Couceiro Freijomil.

Despois da distribución dos horarios das actividades e das instalacións nas qeu se desenvolverán, no Pavillón municipal de Deportes " A CASQUEIRA " quedan a disposición do público en xeral algunhas horas que poderán ser alugadas polos usuarios que así o soliciten :

Os luns de 21 horas a 23,30 horas.
Martes-mércores-xoves-venres de 22,30 a 23,30 horas.

Os sábados e festivos non existen horas prefixadas de aluguer pois depende da actividade deportiva federada que se desenvolva na instalación segundo marcan os calendarios das dieferentes competicións.

Para máis información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA" ou ben telefonear ao número 981 433 041 . Horas que quedan libres para poder alugar a pista de xogo do pavillón " A CASQUEIRA "


Escolas Deportivas Municipais

Dende o día 18 de setembro ata o 9 de outubro permaneceu aberto o prazo de inscrición para poder participar nas actividades deportivas ofertadas no curso 2009/10 das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS organizadas polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume, que se desenvolven dende o 15 de outubro do 2009 ata o 30 de maio de 2010.

As Escolas Deportivas Municipais ofertadas e o número de participantes inscritos ata o de agora é o seguinte :

ACTIVIDADE Nº DE ALUMNOS:
XOGOS MULTIDEPORTIVOS 10
ESCOLA DE XADREZ 18
XIMNASIA RÍTMICA E DEPORTIVA 16
ACTIVIDADES DE PATIN 22
IUDO 24
TENIS 39
XIMNASIA DE MANETENEMENTO DE MAIORES 36
DANZA-AEROBIC 41
PILATES 80

Recordamos a todos os eumeses que a pesar de que o prazo de inscrición xa rematou e que as Escolas xa están funcionando, ainda quedan prazas libres nalgunha das actividades.

Para máis información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal de deportes "A CASQUEIRA" OU TELEFONEAR AO NÚMERO 981433041 en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres


Actividades Deportivas Tempada de Inverno

Como todos os anos por estas datas o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume presenta a súa oferta de actividades deportivas cara a tempada de inverno : octubre 2009 ata maio de 2010.

Unha programación rica e variada no número de actividades ofertadas e dirixida a todos os colectivos de idades diferentes, dende os máis pequenos ( 3 anos ) ata os de idades máis avanzadas, que poderán participar na actividade de ximnasia de mantenemento no centro de maiores.

O prazo de inscrición para poder participar nestas Escolas Deportivas Municipais de inverno estará aberto dende o día 18 de setembro ata o 9 de outubro.

As inscricións formalizaranse na oficina administrativa do concello de Pontedeume , sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " en horario de luns a venres de 10 a 14,00 horas.

Para máis información poden persoarse nesa mesma oficina ou ben telefonear ao número do pavillón : 981 433 041

Descargar Tríptico

CQpro.com