Historia e Cultura
No territorio vinculado á cunca do Eume, encóntranse numerosas mostras da existencia dunha cultura megalítica importante .
O maior esplendor histórico artístico está relacionado co medioevo, representado polo mosteiro de Caaveiro (declarado monumento histórico artístico), no concello da Capela. Destacable é tamén o mosteiro de Monfero, próximo á área, representando un patrimonio impresionante e de gran beleza. Ámbolos dous están situados no tramo medio do río.
Así mesmo, a zona recolle restos de castelos que rememoran a importancia da nobreza da área.
En canto á arquitectura popular, está ricamente representada polos pazos e a arquitectura rural, ademais da vila de Pontedeume, declarada casco histórico artístico. Tamén hai que sinala-la importancia da arquitectura relixiosa, así como o rico patrimonio etnográfico.
|